23 Set Tomiño celebra as ‘Xornadas feministas para o fomento da participación de mulleres novas’ A actividade, que contará con recoñecidas profesionais do mundo do feminismo e de diversos sectores, celebrarase no salón de plenos, do 23 a 27 de setembro en horario de tarde. As xornadas son de balde e contan con servizo de gardería
O Concello de Tomiño segue traballando para conseguir que a igualdade sexa unha realidade. Por este motivo, este luns arrancan no Salón de Plenos da casa consistorial as ‘Xornadas feministas para o fomento da participación de mulleres novas’, cinco días de charlas, debates e obradoiros...