A Agrupación Musical de Goián vén de celebrar o seu tradicional concerto de Santa Icía, un ano máis cun éxito total de acollida por parte do público. Un ateigado auditorio de Goián acolleu as actuacións da banda xuvenil e da propia agrupación coas que, baixo...

Un ano máis, o Concello de Tomiño comprométese coa infancia. Para conmemorar o 20 de novembro, Día Universal dos Dereitos da Infancia, o concello acolleu un pleno infantil organizado en colaboración con Unicef para dar voz aos nenos e nenas sobre a realidade que os...

Máis prazas, aberto a un maior rango de idade e ampliando territorios. Así serán as vindeiras edicións da actividade transfronteiriza ‘Deporte/Desporto para todos’, un programa co que os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira viña ofrecendo á comunidade maior de 55 anos actividades...

Un percorrido por parte do patrimonio cultural e natural do Concello de Tomiño facendo pequenas presentacións en diferentes lugares que forman parte da memoria familiar e persoal dos alumnos e alumnas do IES Antón Alonso Ríos. Así é o vídeo creado polo alumnado do centro...

Máis de 150 rapaces e rapazas de Tomiño competirán este sábado 18 de novembro na carreira ‘Campo a través de Soutelo’, unha proba organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño que nesta edición se celebrará na Área Deportiva O Borralliño, en Soutelo, no concello de Salceda...

Tomiño segue a avogar pola reciclaxe. O Concello vén de renovar e ampliar os contedores de recollida de aceite colocados en distintos puntos da vila, colectores que empregan un novo sistema de reciclaxe no que o aceite se deposita en botellas de plástico reutilizadas e...

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acaba de asinar o protocolo de adhesión do concello tomiñés á campaña de sensibilización ‘En negro contra as violencias’, unha iniciativa que co gallo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, tinguirá...

O Concello de Tomiño, en colaboración co Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, acaba de colocar unha pasarela sobre o río Pego, o que permitirá darlle continuidade á actual senda polo río Miño e perfilar o futuro sendeiro que permitirá comunicar a vila con Tui. Cun...

O Concello de Tomiño vén de comezar novas obras no Mercado Municipal para o acondicionamento das súas instalacións, motivo que obrigará a pechar o primeiro andar da praza de abastos todas as tardes ata o vindeiro venres 17 de novembro. Estas obras non afectarán ao...