04 Xuñ Os concellos do Miño lanzan un S.O.S. simbólico desde a Ponte da Amizade para abrir máis pasos na fronteira que faciliten a mobilidade das e dos traballadores A directiva do AECT Rio Minho asegura que a solución é unha "simple cuestión de medios" para os estados español e portugués: poñer controis con Garda Civil e GNR nos pasos máis transitados
Os concellos da fronteira do Miño, da man dos seus alcaldes e alcaldesas e do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho, lanzaron onte un S.O.S. simbólico desde a Ponte da Amizade para reclamar a apertura de máis pasos que faciliten a mobilidade das...