03 Dec Tomiño realiza labores de adecuación nas instalacións deportivas O Concello realizou obras de mellora nas instalacións do Club Deportivo Miño-Teixugos, no complexo deportivo do Mosteiro e no pavillón de deportes de Goián
O Concello de Tomiño vén de acometer varias intervencións de acondicionamento e reparación en diversas instalacións deportivas do municipio. Recentemente foi feita unha intervención nas instalacións de Calistenia do complexo deportivo do Mosteiro, reparándoas e reubicándoas nun emprazamento máis axeitado para a realización deste deporte, algo...