Cun acto sinxelo pero simbólico diante do Concello, Tomiño conmemorou este mediodía o Día mundial de toma de conciencia do abuso e maltrato á vellez (15 de xuño). Organizado polo Centro de Día da localidade, coa colaboración do consistorio, o acto consistiu nunha solta de globos...

Acta do nomeamento do tribunal, para a contratación de 2 socorristas para o "Servizo de salvamento da praia de Goián 2019" subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria con carácter temporal a xornada completa. Lista de admitidos e excluídos, día, lugar e hora no que...

INTENSO FIN DE SEMANA DE XUÑO, PARA O ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO, RECADANDO 9 MEDALLAS NAS DIFERENTES COMPETICIÓNS DE PONTEVEDRA E A CORUÑA Fin de semana moi intenso para os deportistas do club Atletismo Trega de Tomiño, que asistiu a varias competicións celebradas nas provincias de...

É unha película universal que a través de tres historias en tres continentes mostra que as clases sociais dividen pero a humanidade nos une. FRÁXIL EQUILIBRIO, dirixido polo galego Guillermo García López, levou o Premio Goya ao mellor documental en 2017. O pase será no Auditorio...

Carmen Freiría, profesora do I.E.S Antón Alonso Ríos de Tomiño, ofrecerá un par de charlas informativas sobre o ciclo medio de Técnico en Instalacións de Telecomunicacións, que imparte o centro. A primeira das charlas será o vindeiro martes, 18 de xuño, de 20.00 a 21.00 horas...

As mestras e mestres composteiros do centro para persoas con discapacidade San Xerome Emiliani, de A Guarda,  visitaron o Centro Comunitario de Compostaxe de Goián. A visita transcorreu nun ambiente inmellorable, no que os  técnicos do Concello de Tomiño puideron  intercambiar coñecementos, experiencias e aprendizaxes con ...

O Concello de Tomiño vén de abrir o prazo de inscrición nas ACTIVIDADES DE VERÁN para nenas e nenos. Unha decena de propostas e, concretamente, oito campus deportivos e dous campamentos: urbano e musical. Piragüismo, tenis, pádel e fútbol; rugby, skate, balonmán e atletismo, son as disciplinas...

Charly López, do club Spartan Team de Tomiño, proclamouse por 3º ano consecutivo, Campión Galego de Boxeo da división reina(elite) na categoría do -69kg., clasificándose desta maneira para o campionato de España que serán en xullo; A final disputouse o pasado sábado en Ferrol, nun combate...

Os máis pequenos do slálom galego déronse cita este domingo na localidade de Ribadumia para celebrar a cuarta competición da Liga Galega de Promoción de Slálom. Seis foron os pequenos Teixugos que participaron no evento. Na categoría Infantil, na modalidade K1, Mateo Rivas foi o mellor...

A presenza do Mercado de Tomiño en Londres está a dar os seus froitos. O mercado tomiñés foi elixido para participar na 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos de Londres como un dos 20 exemplos seleccionados polo seu bo facer, o único de toda a...