10 Mar Tomiño rehabilita o edificio da antiga Escola Obradoiro de Goián para facelo máis sustentable e eficiente Esta obra é posible grazas a unha subvención outorgada polo IDAE, dentro do Programa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono
O Concello de Tomiño está levando adiante a rehabilitación enerxética da antiga Escola Obradoiro de Goián, consistente no acondicionamento e mellora da envolvente actual do edificio, renovación completa da cuberta, dunha parte da fachada, renovación da carpintería exterior e instalación dun sistema de ventilación con...