Fai xa ano e medio que o Concello de Tomiño puxo en marcha a súa app móbil ‘Línea Verde’, unha ferramenta de comunicación directa que permite aos veciños e veciñas comunicar incidencias acontecidas no municipio tales como luces fundidas, fochancas no pavimento, lixo na rúa...

Este sábado terá lugar a inauguración da nova área de espazos deportivos situada na Alameda de Goián, que estará composta por unha pista de skatepark e unha pista polideportiva. O novo espazo está encadrado dentro do proxecto “Máis Goián”, un proxecto integral de reforma urbana...

O Concello de Tomiño quixo sumarse á iniciativa de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia) para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer este 21 de setembro, iluminando a fachada do consistorio municipal de verde para contribuír a visibilizar...

Na seguinte ligazón está dispoñible a acta coa valoración definitiva dos méritos, lugar data e hora do inicio das probas para a creación dunha bolsa de emprego para as coberturas temporais que poidan producirse no cadro laboral de limpadores/as do Concello de Tomiño. 20210920_Acta_Acta 2 limpeza...

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e valoración provisional de méritos para a creación dunha bolsa de emprego para as coberturas temporais que poidan producirse no cadro de oficiais de alumeado e no cadro laboral de operario laboral...

Recentemente tivo lugar no municipio portugués de Paredes de Coura o encontro internacional YOUth Grow!, un evento organizado no marco do proxecto europeo Play2Grow que procura desenvolver valores e habilidades chave para a xuventude a través da música.  Durante a pasada semana, do 6 ao 10...

O Concello de Tomiño asinou este mércores coa Asociación Sociocultural de Goián (ente ao que pertence a Agrupación Musical de Goián) un convenio de colaboración polo que se compromete a participar no seu financiamento cunha subvención por valor de 25.000 euros. Este convenio supón un fito...

A OMIX de Tomiño continúa coa súa oferta formativa para os meses de setembro e outubro. Esta semana comezará o seu obradoiro de iniciación ao lettering, un curso para iniciarse na arte de crear composicións con letras derivadas que supuxo todo un éxito no número...

A praza do Seixo ateigouse este sábado durante a celebración do xa tradicional Acto Cívico do Alivio, este ano dedicado a Jesús “Suso” Montero Villar, coñecido e recoñecido pola súa activa implicación social na vida do municipio e polo seu destacado carácter humano, sempre disposto...