26 Xuñ Toñi Vicente cociñará no Mercado Municipal de Tomiño Trátase dunha nova iniciativa da Eurocidade Cerveira-Tomiño para promocionar os atractivos turísticos das dúas localidades
A recoñecida restauradora tomiñesa Toñi Vicente, unha das pioneiras da nova cociña galega, será a protagonista dunha especial demostración culinaria, organizada pola Eurocidade Cerveira-Tomiño. O Mercado Municipal de Tomiño acollerá a actividade o vindeiro 4 de xullo, de 12.00 a 13.30 horas, e sorteará 25 convites...