Unha homenaxe emotiva e chea de palabras de agradecemento para a súa protagonista, Toñi Vicente. Tomiño celebrou esta fin de semana o seu acto cívico do Alivio nunha Praza do Seixo ateigada de autoridades, familiares e veciños e veciñas que quixeron arroupar á chef tomiñesa...

O Concello organizou esta mañá unha recepción aos piragüistas tomiñeses Manuel Ochoa e Emilio Rodríguez, dous deportistas que están acadando importantes logros para este deporte a nivel nacional e internacional e que levan o nome de Tomiño por todo o mundo. “Estamos moi orgullosos e...

O Concello retomou este verán os traballos de reparación tras obter a autorización de Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para realizar a obra entre xuño e outubro, cando o caudal do río é menor O Concello de Tomiño continúa coas obras para a reparación, recuperación e...

Os centros escolares de Tomiño estrean volta ao cole con instalacións renovadas. O Concello investiu máis de 100.000 euros na mellora, reforma e mantemento dos centros educativos de Infantil e Primaria do municipio que, como é habitual, realizáronse durante os meses de verán para non...

A Eurocidade Cerveira-Tomiño convértese estes días nunha gran vila olímpica. Hoxe arrancou en Vila Nova de Cerveira unha nova edición das olimpíadas sénior ‘Olympics4All’, uns encontros anuais que teñen por obxectivo promover a práctica deportiva das persoas maiores, reforzando o intercambio social e cultural entre...

Tomiño segue dando pasos cara adiante no proceso de transformación do modelo urbano do municipio. Neste camiño, o Concello comezará en breve as obras para mellorar a conectividade entre os equipamentos públicos da rúa República Arxentina e a zona de preferencia peonil do Seixo. O resultado...

Medalla histórica para o palista tomiñés Manuel Ochoa. O teixugo acadou a prata na modalidade de Slálom Extreno na 2022 ICF Canoe Slalom World Cup Final, última competición internacional da tempada que se disputou a pasada fin de semana nas augas do Parc Olimpic do...

Ao abeiro da axenda cultural, o Concello de Tomiño encheu este verán de ioga a contorna da fortaleza de Goián, un ámbito incomparable no que á riqueza paisaxística se suma á impoñente arquitectura do antigo forte da época da Guerra da Restauración. Un curso moi...

A Praza da Mina, en pleno núcleo urbano do Seixo, transformouse dende a súa reforma integral nun dos principais eixos da actividade cotiá na vila. Por primeira vez, este céntrico espazo converteuse no escenario de parte da programación de verán de Tomiño, especialmente daquela dirixida...