O Concello de Tomiño segue a traballar para mellorar as rúas do municipio e a seguridade dos peóns e das veciñas e veciños que se moven camiñando pola vila, nesta ocasión na parroquia de Forcadela. O goberno municipal vén de chegar a un acordo coa...

A Aula CeMIT de Tomiño acolle unha nova proba de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Será o vindeiro 25 de abril, ás 10.00 horas, e nela poderá participar toda a cidadanía en xeral que,...

Un programa de actividades transversal e integrador, no que se lle dá acollida a todas as citas de cultura, deporte e voluntariado, así como as dirixidas á mocidade. Así é a nova Programación de Primavera do Concello de Tomiño, que por primeira vez aglutina todas...

Vinte horas para aprender os segredos sobre os enxertos en plantas de inverno, dende que son, a súa finalidade, tipos, límites e incompatibilidades ata meter as mans na terra e preparar as xemas, ferramentas e material vexetal para poñelos en práctica. Esta foi a última...

Xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) as bases para as subvencións municipais dirixidas a entidades sen fin de lucro que desenvolven ao longo de 2018 actividades sociais, culturais e deportivas, así como para deportistas individuais. A través destas axudas, o Concello...

Falar dos vellos tempos e tamén dos novos pero, sobre todo, verse e compartir un rato xuntos. Con este obxectivo este domingo 11 de marzo celebrouse en Tomiño o primeiro encontro de panadeiros e panadeiras e pasteleiros e pasteleiras de toda a localidade, no que...

O Club Deportivo Miño-Os Teixugos será o anfitrión esta fin de semana na I Copa de Promoción da Liga Galega de Slálom en augas bravas, que se celebrará este domingo 11 de marzo no río da Pedra, en Tomiño, a partir das 11.00 horas. Trátase da...

O Concello de Tomiño súmase á campaña ‘O que se enchufa recíclase’, unha campaña de información e sensibilización posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia en colaboración con Ofiraee para a correcta xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos...

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño  abre o prazo de inscrición para participar no curso máis doce de toda a programación anual: un obradoiro de ‘Chupipostres: cupcakes e galletas de mantequilla’. O curso, dirixido a mozos e mozas maiores de 12 anos,...

“Hoxe, con este xesto de busca dunha sociedade máis xusta e igualitaria, decidimos parar”. Con estas verbas da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, arrancaba a mobilización celebrada na praza do Seixo con motivo do Día Internacional da Muller e no que se chamaba á folga...