Este ano o tema principal do proxecto é a arte local, co apoio dos artistas da zona, coma Mario Rodríguez, Nando Álvarez, Xuxo Vázquez, Carlos Fernández e Cuqui Piñeiro, entre outros. O colexio de Barrantes participa dende hai tres anos no proxecto Cooperarte, un proxecto intercentros cos colexios de Principe Felipe en Pontevedra e Juan María de Nigrán. O primeiro ano exploraron a arte nas súas diferentes manifestacións e expresións; o segundo, centraron o proxecto na arte galega, e este o tema principal do proxecto é a arte local "A través da arte na prehistoria e as nosas manifestacións cercanas a través dos museos ao aire libre que temos na contorna- como as estacións de arte rupestre do monte Tetón, Outeiro dos Lameiros (Baiona), Agua da Laxe ( Gondomar- Serra do Galiñeiro), e moitas máis, así como as mámoas tan presentes na nosa paisaxe- facemos un brinco no tempo para achegarnos as distintas formas de expresión artística na zona de Tomiño.

A Praza do Seixo acolleu a partir do mediodía diferentes actos conmemorativos O Concello de Tomiño, dedicou este ano o Día das Letras á tradición popular. Con este fin, durante toda a xornada de hoxe, na Praza do Seixo, alumnado dos centros educativos e membros de asociacións de ámbito local, acompañados de música tradicional e de regueifas, celebraron o Recital oral de tradición popular. A praza do Concello acolleu, ademais, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, unha Feira do Libro e outros actos lúdico-culturais, durante toda a xornada.