O Concello de Tomiño dedicará o mes de marzo ás mulleres e o fará a través dunha programación transversal na que as actividades culturais, deportivas ou artísticas terán unha clara clave feminina e a visibilización do labor diario das mulleres e da loita pola igualdade...

Promover as boas prácticas en materia de convivencia escolar. Ese é o obxectivo principal do Programa de Habilidades Sociais, un programa que o Concello de Tomiño e o IES Antón Alonso Ríos porán en marcha para axudar aos mozos e mozas escolarizados neste centro educativo...

O programa É Aprender continúa co seu traballo co alumnado de Tomiño para mellorar as súas capacidades, habilidades e rendemento escolar, nesta ocasión implicando aos rapaces e rapazas na difusión do que se traballa en cada sesión. A través da súa páxina web eaprenderblog.wordpress.com os...

Rachar cos estereotipos de xénero e afondar en aspectos como a igualdade no ámbito laboral ou a corresponsabilidade. Eses son algúns dos obxectivos de ‘Contos vellos, novos finais’, de A Trastenda dos Contos, unha actividade posta en marcha pola Oficina Municipal de Igualdade do Concello...

O Consello da Infancia e da Adolescencia de Tomiño prepara xa a súa segunda reunión. O vindeiro mércores 28 de febreiro todas e todos os participantes asistirán á unha nova convocatoria que se celebrará a partir das 18.30 horas no salón de plenos do Concello. Neste...

Concienciar aos rapaces e rapazas sobre os riscos aos que se enfrontan na estrada e sobre a necesidade de cumprir as normas para evitar accidentes. Ese é un dos obxectivos do programa de seguridade viaria que se estivo a desenvolver durante toda esta semana no...

Recordar que as persoas adultas tamén foron adolescentes nalgún momento da súa vida. Esa foi a clave proposta por Carles Vila na xornada do mércores da III Semana da Educación, na que este educador social e mestre da Universidade de Barcelona axudou ao público asistente...

Achegar a Rosalía de Castro como muller e como escritora á cidadanía, “xa que todo o mundo coñece a súa figura pero non a súa obra”. Ese era o obxectivo co que os e as estudantes de 5º e 6º de primaria do CEIP Barrantes...

O alumnado do ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural do IES Antón Alonso Ríos continúa coa súa formación máis alá de Tomiño. Os e as estudantes tiveron a oportunidade de acudir ao Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago de Compostela para...

Éxito rotundo de participación na Semana da Educación de Tomiño, que abriu este luns as portas da súa terceira edición cunha cheo absoluto de público no auditorio de Goián e co comunicador vigués Javier Cebreiros enriba do escenario. Socio do espazo de innovación social ‘Impact...