O Consello da Infancia e Adolescencia do municipio plantará unha ducia de árbores autóctonas a carón do edificio de Benestar Social  Tomiño participará, a través do seu Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas” na celebración do Día Internacional do Medio Ambiente (5 de xuño). Convidado...

Grazas ao bo tempo, Tomiño foi quen de celebrar o Día das Letras Galegas cunha instalación artístico-pedagóxica (ENTRELAZOS DA MEMORIA) dedicada a Xela Arias, na céntrica Praza do Seixo, a carón do Concello, e un gran concerto da Agrupación Musical de Goián, ás 12 do...

Concello de Tomiño e Consellería de Educación traballan xa man a man para darlle encadre urbanístico ao anteproxecto de ampliación e reforma do IES Antón Alonso Ríos e dotar de viabilidade un proxecto que suporá a maior remodelación deste centro nos seus case 28 anos...

Tomiño continúa levando a cabo a bo ritmo a implantación da compostaxe no concello, dentro do Plan Revitaliza, impulsado dende a Deputación de Pontevedra.  Tal coma estaba previsto, neste primeiro semestre do ano estase completando o reparto dos composteiros individuais (1.858 entregados, de 3.000) e a...

Tomiño vai celebrar, un ano máis, o Día das Letras Galegas. Unha conmemoración moi especial que consistirá na montaxe dunha instalación colaborativa artístico-pedagóxica, denominada “ENTRELAZOS DA MEMORIA-Percorrendo emocións con Xela Arias”,  coma homenaxe á escritora distinguida. A intención é convocar dende o Concello para que participen...

A Asociación de comerciantes ADETO lanza a primeira de varias campañas temáticas que vai a levar a cabo ó longo de este ano, pretendendo así que todos os sectores asociados se vexan beneficiados das campañas. O luns día 10 dará comezo a campaña que se estenderá...

Xa está aberta a nova convocatoria de axudas para a execución de proxectos ao abeiro da submedida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. Esta convocatoria conta cunha contía...

Despois de máis dun ano pechada por mor da Covid-19, a Piscina Municipal de Vila Nova de Cerveira reabre o próximo luns, 10 de maio, pero exclusivamente para baños libres.  O horario de funcionamento foi ampliado. A instalación permanecerá aberta ao público de luns a venres,...