23 Set Trinta “barbeiros solidarios” amosarán a súa arte este domingo en Tomiño Dende as 11.00 ata as 18.00 horas estarán a disposición de todas as persoas que o desexen para peitear, cortar o pelo, afeitar, amañar a barba, etc. por tan só 6 euros por servizo
Por segundo ano consecutivo, os “Barbeiros Solidarios”, voltan á Praza do Seixo de Tomiño, onde o vindeiro domingo, celebrarán unha xornada de traballo en beneficio da asociación de persoas con discapacidade “Vontade”. Unha trintena de profesionais da perruquería e barbería de toda España, achegaranse a vila...