Novas

A acción vai dirixida a futuros emprendedores e a empresarios que desexen mellorar a competitividade do seu negocio O concello de Tomiño a través da súa Oficina de Desenvolvemento Local pon en marcha o programa “UP+ Un paso máis”; un proxecto que ten como finalidade apoiar o autoemprego creando unha rede de colaboración entre as empresas do municipio. O Concello de Tomiño, xunto cunha consultora especializada en recursos humanos e rendemento, desenvolverá varias accións co propósito de dinamizar, estimular e orientar a moitos cidadáns e empresas locais, a través de iniciativas eficaces de autoemprego, pondo en valor ao mesmo tempo, os coñecementos que teñen os empresarios e autónomos existentes na localidade.

Buscar por categoría e data