05 Dec Tomiño impulsa a redacción do proxecto “Camiño Escolar Seguro para o colexio de Goián” Un dos principais obxectivos é que o alumnado vaia gañando autonomía persoal, xunto a adopción de hábitos saudables e actividade física
O Concello de Tomiño vén de adxudicar a redacción do proxecto e do plan de dinamización do “Camiño Escolar Seguro para o CEIP Pintor Antonio Fernández, en Goián (Tomiño)”. O proxecto foi adxudicado á empresa “Muñiz Alfaya, SLU”, por valor de 33.333,33 euros, IVE incluído. A...