As alcaldesas de O Rosal e Tomiño e os seus homólogos de Tui e A Guarda, mantiveron esta semana unha nova reunión virtual no marco da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, na que acordaron sacar un bando para apelar á responsabilidade da veciñanza para que...

O Concello de Tomiño vén de implantar un servizo de comunicación de incidencias a través dunha App móbil. A través desta nova canle directa, a veciñanza pode poñer en coñecemento do Concello, aqueles danos que se detecten na súa parroquia ou barrio. Con esta ferramenta...

Unhas Letras Galegas on line baseadas na participación cidadá, é o que procura o Concello de Tomiño, para celebrar esta data tan importante sen permitir que o confinamento sexa un obstáculo. A concellalía de Cultura e Normalización Lingüística, dentro da campaña de conmemoración desta festividade, recolleu...

Xa está repartido o 4º caderno de actividades de estimulación cognitiva editado pola Asociación de Párkinson Baixo Miño. Voluntari@s de Protección Civil de Tomiño colaboran no reparto destes cadernos, entregándoos en máis de 20 domicilios dos usuari@s do programa municipal de maiores. Os familiares xogan un...

Agradecer o traballo de todo o persoal do Centro de Saúde de Tomiño, durante estas longas e difíciles semanas de corentena, é a finalidade da campaña “Estamos Contigo”, organizada polo Concello de Tomiño, a través das concellerías de Participación Cidadá e Benestar Social. Coa colaboración co...

O Concello de Tomiño celebrará hoxe ás 19.00 horas, Pleno ordinario. Na sesión gardarase a debida distancia de seguridade, ocupando tamén os asientos do público, para garantir os dous metros de distancia preceptivos. Asimesmo, e debido ao estado de alarma, non haberá público, xa que...

A Agrupación de Protección Civil de Tomiño, comezou onte a repartir as primeiras 1000 máscaras hixiénicas confeccionadas por unha rede de costureiras voluntarias da vila, en colaboración coa Asociación de Comerciantes (ADETO) e o Concello. En primeiro lugar, fíxose unha entrega nos establecementos comerciais abertos...

O pasado 15 de abril publicouse a norma UNE 0065:2020, elaborada polo Ministerio de Sanidad e varias institucións e entidades competentes (1), onde se establecen as condicións que deben cumprir as mascarillas hixiénicas reutilizables e as instrucións para a súa correcta elaboración artesanal. O comercio local...

O Concello de Tomiño aproveita o peche dos colexios para realizar melloras nalgúns centros educativos que o precisan, coma o CEIP de Sobrada, onde se estiveron instalando tres proxectores nas aulas de Educación Infantil, varias estanterías e encerados adquiridos polo propio centro, ademais de outros...

Desta vez chéganos unha iniciativa, en forma de conto, para traballar especificamente a materia do coronavirus coa infancia, co propósito de fomentar e adquirir bos hábitos desde a casa, sen ter que sementar o medo. É unha cuestión de educar desde o respeto e a...