20 Nov Os maiores de Tomiño reactívanse e aprenden a manter espertas as súas capacidades físicas e mentais Esta nova edición do programa comezou o día 6 de novembro, con actividades destinadas a favorecer a estimulación cognitiva e a mobilidade, coma tamén as relacións sociais entre os participantes
Diminuír o risco de padecer enfermidades, manter un ton físico e cognitivo axeitado e participar de xeito activo na sociedade. Son os obxectivos principais do programa de maiores “Reactívate”, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables posto en marcha pola Concellería de Benestar...