A exposición artística “Rompe. Xoga en Igualdade” da Deputación de Pontevedra chega este mércores ao Concello de Tomiño para concienciar sobre a necesidade de rachar coa violencia machista. A mostra, que ten por obxectivo denunciar a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres a...

O Concello de Tomiño aprobou no pleno extraordinario celebrado no día de onte o establecemento dunha bonificación para os vehículos que sexan máis respectuosos co medio ambiente, contando co voto a favor de todas as forzas con representación na corporación municipal. Segundo a rexedora local,...

O Concello de Tomiño convocou un pleno extraordinario este luns para modificar a ordenanza municipal reguladora das taxas pola recollida do lixo coa finalidade de eximir do pago do primeiro semestre do vindeiro ano a aqueles negocios e empresas que tiveran que fechar este ano...

Aproximadamente 2000 estudantes de todos os centros educativos dos concellos irmandados de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, desde educación infantil ata secundaria, aceptaron o reto da Eurocidade de elixir a mascota para o Festival Infantil Transfronteirizo “Aventura na Terra da Amizade”. 'Mizi', unha lontra...

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño impartirá nos próximos meses catro cursos para os que aínda quedan prazas vacantes. Trátase dos obradoiros (todos ONLINE) de Iniciación á cociña vegana e sen glute, Traballar na nube de Google, Aplicacións de Google: Google Docs e...

O Campo de Fútbol do Alivio conta dende hoxe cun aparato desfibrilador para previr e tratar ataques cardíacos que puideran producirse. O concelleiro de Deportes, Fran Campo, recibiu hoxe o dispositivo electrónico, que vén a sumarse aos que xa teñen os campos da Carballa e...

        A Policía Local de Tomiño conta dende hoxe cun novo coche patrulla, que lle permitirá desenvolver tarefas de protección medio ambiental. O vehículo, co distintivo ambiental ECO e un motor híbrido (gasolina electricidade) e tracción 4 x 4, foi entregado na mañá...

A circulación de cidadáns non residentes en Portugal continental está suxeita ás excepcións aprobadas Á vista da permanencia das dúbidas formuladas polos veciños galegos sobre a limitación do movemento de persoas no período comprendido entre o 30 de outubro e o 3 de novembro no territorio...

“Mizi”, unha londra de río típica da zona; “Pinhas”, un esquío amigable e áxil ou “Minius”, unha criatura que representa os elementos naturais e culturais propios da fronteira entre Tomiño e Cerveira. Son as tres mascotas entre as que terán que elixir cerca de 3000...

O Concello de Tomiño iniciou un proceso para reclamar fronte a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e fronte á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (SETID) os problemas que desde xa fai un tempo o municipio sofre en materia de cobertura...