Un centenar de nenos e nenas acoden dende estas semanas ao campamento urbano organizado polo Concello de Tomiño, dentro das actividades de verán. Todas as mañás, de 9 a 14 horas, debuxan, aprenden, fan manualidades, xogos cooperativos e un longo etcétera. Coordinados pola psicóloga Andrea Iglesias, dez...

A Ruta Artes e Oficios 2019 continúa este xoves (18 de xullo) cunha visita guiada pola Adega do Vimbio, con saída ás 20.30 horas.Trátase dunha actividade, de balde, que ten coma fin promocionar o patromonio de Tomiño. Explicarase todo o proceso para a elaboración do...

Unha ducia de persoas voluntarias participaron onte na actividade de Recollida de lixo en kaiak, organizada polo Concello a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). O percorrido iniciouse e rematou nunha zona próxima ao embarcadoiro de Goián, pasando por debaixo da ponte internacional...

O IKFEM, International Keyboard Festival & Masterclass amplía o seu ámbito de actuación da Eurocidade Tui-Valença á nova Eurocidade Tomiño e Cerveira. Deste xeito, o festival chega á súa sétima edición, do 14 ao 21 de xullo, baixo a lema Music & Fashion. A través deste...

Dentro do ciclo "O son da Praza", este sábado, 13 de xullo, chega á Praza do Seixo unha nova edición do "Barrantes Folk", un festival organizado pola Banda de Gaitas San Vicente de Barrantes e patrocinado pola asociación veciñal do mesmo nome e o Concello...

A Aula Museo Antonio Fernández, situada en Goián, a carón da praza, estará aberta ao público durante o verán. O espazo, no que se propón un percorrido pola vida e obra do pintor Antonio Fernández, a través de obxectos, documentos e fotografías do artista, estará aberto...

A edición 2019 da Ruta das Artes e Oficios organizada polo Concello de Tomiño, arranca este xoves, 11 de xullo, cunha visita guiada polo Pazo Valdomiño, con saída ás 20.30 horas. Trátase dunha actividade, de balde, que ten coma fin promocionar o patromonio de Tomiño. Enfocada...

Luis Fernández en C1 e Manuel Ochoa en K1, do Club Deportivo Miño-Teixugos, foron quen de superar as complicadas probas de selección da Federación Española de Piragüismo, para formar parte do equipo nacional sub-23 de slálom e, ao longo desta semana, tiveron a súa primeira...

A Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández, de Goián, inaugurou na tarde-noite do pasado venres, coa colaboración do Concello de Tomiño, a exposición “Antonio Fernández, Eduardo Padín. Homenaxe entre amigos”. Unha mostra única que reúne 16 lenzos de ambos os autores que se atopaban en mans das...