04 Feb Coral Regi, directora da Escola Virolai de Barcelona, abrirá hoxe a Semana da Educación de Tomiño falando da xestión dun cambio educativo máis aló das modas Durante catro días, do 4 ao 7 de febreiro, destacados profesionais do mundo da comunicación, a psicopedagoxía e a investigación, afondarán en diferentes aspectos do proceso educativo
A directora da Escola Virolai, Coral Regi, abrirá hoxe a cuarta Semana da Educación de Tomiño, que se celebrará no Auditorio de Goián entre os días 4 e 7 de febreiro. A súa conferencia “Xestión do cambio educativo-Máis aló das modas”, abordará temas vencellados á transformación...