Medio Ambiente

tomino-verde

A área de medio ambiente ten como obxectivo promover accións de conservación, recuperación e mellora do patrimonio ambiental do territorio, así como traballar pola eficiencia enerxética e a reducción da pegada de carbono do concello.

Ten competencias en materia de xestión do lixo, xestión da limpeza de fincas e valoración dos nosos espazos naturais.

Programa de Compostaxe "REVITALIZA"

Agora toda a información sobre compostaxe, biotrituradoras, puntos verdes e moito máis na web de Revitaliza Tomiño!

En Tomiño seguen en funcionamento os Centros de compostaxe comunitarios, grazas ao Mestre e a Mestra Composteira do Concello. O Revitaliza que está presente en todas as comarcas de Pontevedra, nos lembran no seguinte video as recomendacións, agora en tempos do COVID 19.

Se precisa máis información sobre a compostaxe e o Revitaliza pode consultar a páxina: revitaliza.tomino.gal ou  revitaliza.depo.gal

CONTACTO:

Departamento Medio Ambiente do Concello: 986 62 20 01
Mestra composteira – Sandra: 604 075 108

COMPOSTAXE INDIVIDUAL

composteiro-individual

Tomiño quere darlle pulo ao novo modelo de xestión de residuos, o plan Revitaliza.

Por ese motivo estase a dotar a todas as vivendas con terreo ou espazo dispoñible dun composteiro individual para poder reciclar in situ os restos xerados pola familia.

Técnicos da Deputación de Pontevedra visitan todas as parroquias tomiñesas para realizar a entrega porta a porta do pack de compostaxe, que está composto por un composteiro, un aireador, un termómetro e un manual de compostaxe.

A previsión é que Tomiño dispoña de arredor de 3.000 composteiros individuais.

Este modelo é compatible con outras formas de compostaxe como a pila ou coa alimentación animal.

COMPOSTAXE COMUNITARIA

compostaxe-comunitaria

Para as persoas que viven en pisos e non dispoñen dun espazo propio onde poder facer esta reciclaxe, Tomiño conta con composteiros comunitarios (CCC).

Cada CCC ten unhas vivendas designadas, xa que están preparados para acoller o lixo orgánico de un determinado número de veciños e veciñas. Xa están habilitados os da:

 

O compost que se produza será para a veciñanza que participa no plan e, no seu caso, para a mellora dos xardíns municipais.

Novas compostaxe

Servizo de recollida de Voluminosos e Enseres
Campaña de recollida de voluminosos do Concello de Tomiño

O concello de Tomiño lembra que ten a disposición da poboación un servizo de recollida de Voluminosos e Enseres gratuíto, co que se busca evitar que mobles e outros enseres sexan tirados ao lixo e poidan molestar aos peatóns ou causar accidentes.

 

Se queres desfacerte de mobles, cadeiras, colchóns, somieres, sofás… chama ao 986 622 001 para dar aviso. Coloca os restos que queiras tirar ao carón da porta ou portal do propio domicilio, sen invadir a vía pública, os mércores a última hora para que os operarios e operarias pasen a retiralos nesa mesma noite ou o xoves de mañá.

 

Tamén se recollen electrodomésticos, coma lavadoras, frigoríficos, aspiradoras, microondas, secadores, tostadores, televisións… Lembra que tamén chos poden recoller na empresa onde merques o novo.

 

Dille adeus como se merece e non o abandones. Chama ao Concello!

Campaña de recollida de voluminosos do Concello de Tomiño
Campaña de recollida de voluminosos do Concello de Tomiño
Campaña de recollida de voluminosos do Concello de Tomiño

Exemplos do que NON hai que facer

Actúa con responsabilidade. Chámanos!

Xestión do Lixo

O Concello de Tomiño leva a cabo un intenso labor de comunicación e sensibilización do impacto do lixo que as veciñas e veciños xeramos nas nosas casas, e as fórmulas para facer a xestión do lixo en Tomiño máis sostible, máis xusta, adaptada á realidade de cada fogar…

Para máis información sobre as localizacións de cada tipo de colector de lixo e o que podemos botar  en cada un pulsa no seguinte botón.

O Concello de Tomiño foi beneficiario dunha subvención ao abeiro das bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a elaboración de estudios técnicos relativos á xestión e prevención de residuos municipais da Deputación de Pontevedra, con esta subvención elabórase un Estudo que recolle unha análise e diagnose da situación actual na que se atopa a xestión de residuos no Concello, unha análise das diferentes alternativas para determinar o modelo de recollida óptima e unha planificación das actuacións necesarias coas que o Concello pretende dar cumprimento as modificacións establecidas en materia de residuos polas lexislación Estatal e Autonómica de referencia na materia.

Baleirado de Fosas Sépticas ou Pozos Negros
baleirado-web
baleirado-descargardiptico

Pasos a seguir para solicitar o Servizo de limpeza de Fosas Sépticas e Pozos Negros:

uno
uno
flecha

O titular debe solicitar un certificado de non estar conectado á rede de saneamento ou estar situado a máis de 50 metros (é obrigatorio conectarse neste caso).

 

Este certificado pódese solicitar no rexistro xeral do Concello ou nas oficinas de Aqualia

 

REXISTRO:

  • Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
  • Enderezo: Praza do Seixo s/n – 36740 – Tomiño (Pontevedra).
  • Teléfono de Atención: 986 62 20 01 (extensión 6).

 

AQUALIA:

  • Horario: mércores e xoves de 9:00 a 13:00 h.
  • Enderezo: Colón, s/n – 36740 – Tomiño (Pontevedra).
  • Teléfono de Atención ao Cliente: 902 196 019.
dos
dos
flecha

O titular da fosa séptica ou pozo negro debe pasar polo Concello e cubrir o ‘ANEXO XVII.a. SOLICITUD DE AUTORIZACIÓN PARA O BALEIRADO DE FOSAS SÉPTICAS EN DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS XESTIONADAS POR AUGAS DE GALICIA’.

 

Neste documento inclúense:

  • Identificación do titular da fosa (nome, apelidos e NIF). Imprescindible entregar copia do DNI.
  • Datos da fosa séptica (enderezo).
  • Resolución da autorización de baleirado da fosa séptica. Oficinas Xerais porase en contacto con Augas de Galicia para obter o nº de resolución da autorización. Este número é imprescincible, sen el non se pode efectuar o baleirado. Esta autorización dará lugar a un canon anual que cobrará Augas de Galicia ao usuario.
  • A declaración ten que ir asinada.

 

Esta solicitude soamente se ten que cubrir e entregar a primeira vez que se solicita o servizo municipal de baleirado.

 

DESCARGA AQUÍ O ANEXO XVI (Procedemento AU230Q)

tres
tres
flecha

O titular debe inscribirse no Rexistro de Fosas Sépticas e Pozos Negros do Concello de Tomiño. Só é necesario darse de alta neste rexistro a primeira vez que se solicita o servizo municipal de baleirado.

 

DESCARGA AQUÍ O IMPRESO DE INSCRICIÓN

cuatro
cuatro
flecha

O titular debe pagar PREVIAMENTE as taxas correspondentes (20 euros polos primeiros 4m3 e 40 euros para o resto, dentro do mesmo ano natural). Para facelo pode recollerse o impreso en Intervención, nas dependencias do Concello, ou acceder vía web.

 

*Moi importante: a capacidade máxima da cuba é de 4m3 (só se baleirará, por tanto, ese volumen en cada viaxe e sempre en función da taxa que teña abonado o usuario previamente).

 

DESCARGA AQUÍ A TAXA DE BALEIRADO

cinco
cinco
flecha

Unha vez feitos todos os trámites anteriores, o titular debe cubrir a solicitude de Baleirado de Fosa Séptica ou Pozo Negro. Este impreso deberá entregarse xunto con toda a documentación anterior nas Oficinas Xerais do Concello de Tomiño.

 

DESCARGAR AQUÍ O IMPRESO DE SOLICITUDE

seis
seis
flecha

Cando Oficinas Xerais revise toda a documentación, co número de resolución de autorización incluído, darase aviso aos operarios de que se vai proceder ao baleirado. Contactarase coa persoa solicitante vía telefónica para avisala do día e hora de recollida. Unha vez efectuado o servizo, a persoa usuaria deberá asinar o formulario que lle presente o operario conforme se ten realizado o correspondente baleirado.

siete
siete

Despois do baleirado, a persoa titular da fosa séptica ou pozo negro poderá pasar polo Concello ou solicitar que lle sexa enviada por correo postal ou  enderezo electrónico unha copia da prestación do servizo e da aceptación do seu baleirado por parte da EDAR.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 22 de decembro de 2017 Núm. 244 recóllese a ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos de limpeza de pozos negros e fosas sépticas. Pode consultala no seguinte enlace ao BOPPO.

Plan de acción polo clima e a enerxía sostible (PACES)
Semana do Medio Ambiente
Tomiño conmemora a Semana do Medio Ambiente con obradoiros, unha exposición e un roteiro polas árbores senlleiras

Hai moitas maneiras fáciles de coidar da natureza e da nosa vida e na Semana do Medio Ambiente 2023 puxémolas en común.

 

En Tomiño Natural falamos de cambio climático, reciclaxe, compostaxe… e aprendemos unha morea de cousas sobre a eficiencia enerxética e a economía circular.

Edicións anteriores:

Árbores Senlleiras de Tomiño - descarga o libro!

Toda a información sobre o proxecto de posta en valor das Árbores Senlleiras de Tomiño aquí!

Descarga o libro gratuíto ou descubre o programa a través do vídeo!

Ciclo Integral da auga

O Concello de Tomiño foi beneficiario dunha subvención ao abeiro da convocatoria da Deputación de Pontevedra de axudas económicas a entidades locais da provincia de Pontevedra para realizar actuacións de emerxencia que garantan o abastecemento de auga potable domiciliaria ante a situación de seca para a realización das seguintes actuacións

Aforrar auga é investir en calidade de vida

Os pequenos xestos cotiáns son claves

A auga é un recurso limitado

A situación é crítica

As choivas dos últimos días non son suficientes

banner-compostaxe

Accede aquí á toda a información sobre o Programa de Compostaxe doméstica e Inscríbete!