29 Abr Tomiño concederá subvencións por valor de 90.000 euros a asociacións sen fins de lucro As bases para as solicitudes veñen de ser publicadas no Boletín Oficial da Provincia e poden consultarse tamén na páxina web do Concello
O Concello de Tomiño concederá un ano máis subvencións a asociacións sen fins de lucro, que realizan actividades no ámbito cultural, deportivo e social no municipio. A convocatoria, publicada onte, martes 27 de abril, ten coma finalidade apoiar a estas entidades, chegando este ano o...