11 Mai O Concello retoma a recollida de enseres e voluminosos Durante a corentena foron moitos os vertidos deste tipo, o que orixinou vertedoiros incontrolados en varios lugares do municipio. O Departamento de Medio Ambiente fai un chamamento á concienciación da cidadanía
O Concellode Tomiño, a través do seu Departamento de Medio Ambiente, vén de retomar o servizo de recollida de enseres e voluminosos, suspendido durante case dous meses, debido á crise sanitaria do Covid19. Dende o devandito departamento, que dirixe Ana Belén Casaleiro, lembran que para utilizar...