O AECT Rio Minho presentou hoxe o proxecto piloto para que as Eurocidades do Miño dispoñan dun servizo de préstamo de bicicletas eléctricas que permita á cidadanía cruzar libremente a un lado e outro da fronteira. Segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez,...

A Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, proxecto cofinanciado polo FEDER a través do Programa Interreg V-A España-Portugal, desenvolveu ao longo dos últimos anos varias accións para potenciar un desenvolvemento sustentábel do territorio, con repercusións positivas na mellora da calidade de vida e...

O Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra inician unha nova fase no sistema de entregas de composteiros individuais encadrados dentro do plan Revitaliza, que pretende establecer un novo modelo de xestión dos residuos orgánicos a través da compostaxe dos mesmos. O sistema de...

A experiencia do confinamento derivada da situación pandémica actual serviu para evidenciar as múltiples carencias e dificultades existentes en moitos fogares para acceder á educación pola vía telemática, acentuando as desigualdades sociais entre o alumnado. Ante esta situación, o Servizo de Educación e Apoio Familiar (SEAF)...

A unidade móbil de inspección técnica desprazarase a Tomiño para realizar inspeccións técnicas periódicas de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS (vehículos sen carga). O lugar no que se establecerá será a explanada da comisaría da Policía Local. Estará presente os días 21, 22, 23 e 26 de outubro. HORARIOS: Día 21:...

Manuel Torres e Xurxo González, dous membros do xurado do programa “Vilas en flor”, organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), visitaron novamente Tomiño, co fin de coñecer os espazos...

Un ano máis a Escola Municipal de Teatro de Tomiño inicia as súas actividades. Nesta ocasión, debido á situación pandémica, foi preciso tomar unha serie de decisións co obxectivo de garantir a seguridade do alumnado. Non se abrirán inscricións debido á necesidade de limitar as prazas...

Mellorar a autoestima, a valoración e a aceptación persoal son o eixo central do proxecto “Namórate de Ti. Autoestima e empoderamento a través da fotografía” promovido polo Concello de Tomiño e Eu Rural, que apostou na imaxe como a ferramenta para expresar e traballar estes...