09 Mai Tomiño saca a licitación a instalación de dous puntos de recarga de vehículos eléctricos Terán 8 prazas situadas no Seixo e en Goián. A empresa concesionaria terá que pagar un canon mínimo de case 570€
Ao abeiro da estratexia para camiñar cara a unha economía baixa en carbono, eliminando de maneira progresiva o emprego de combustibles fósiles e reducindo as emisións, Tomiño vén de sacar a licitación a concesión para a instalación, xestión e mantemento de dous puntos de recarga...