21 Dec O Nadal desembarca no Mercado de Tomiño cun espectáculo para a cativada Migallas Teatro achega o teatro ás e aos máis pequenos con ‘Contarte con arte’. O martes 26 ás 11.30 horas
O espírito do Nadal desembarca no Mercado de Tomiño cunha experiencia teatral única para gozar en familia. O vindeiro martes 26 de decembro Migallas Teatro deslumbrará ao público con ‘Contarte con arte no Nadal’, un espectáculo que fusiona a tradición, a crítica e a diversión...