29 Xul O Concello lanza unha campaña para que os comercios ofrezan papel de agasallo en galego O deseño baséase en palabras en galego cun denominador común: sentimentos que pode provocar un agasallo, tales coma gratitude, ledicia, ánimo, simpatía, sorriso, tenrura ou benquerer, entre moitas outras
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Tomiño vén de lanzar unha campaña para que os comercios da vila utilicen e ofrezan un papel de agasallo con palabras en galego. Con esta finalidade, o servizo procedeu á entrega de resmas de papel ás casas comerciais...