Plan de acción polo clima e a enerxía sostible (PACES) do Concello de Tomiño

O Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía, que naceu en 2008, é nunha iniciativa europea na que os gobernos locais e rexionais se comprometen a cumprir cuns determinados obxectivos en materia de clima e enerxía. Estes gobernos, que se suman voluntariamente a este pacto, comparten unha visión común para 2050: acelerar a descarbonización dos seus territorios, fortalecer a súa capacidade para adaptarse aos impactos ineludibles do cambio climático e conseguir que a súa cidadanía teña acceso a unha enerxía segura, sostible e economicamente accesible.

Na actualidade, o Pacto das Alcaldías é un movemento en continua evolución e expansión mundial, contando xa con máis de 7.750 asinantes de máis de 60 países, cunha visión común para o ano 2050 de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro en todo o seu territorio. Este compromiso político dirixe a súa capacidade de acción cara os obxectivos de adaptación e mitigación fronte ao cambio climático para promover o desenvolvemento local sostible.

O Concello de Tomiño adheriuse ao Pacto das Alcaldías o 26 de decembro de 2019, materializándose deste xeito o compromiso do Concello para facer fronte ao cambio climático. A visión a longo prazo para o Concello de Tomiño é lograr un concello movido pola enerxía sostible, segura e economicamente accesible, así como un concello resiliente aos efectos do cambio climático e que proporcione aos seus habitantes unha elevada calidade de vida.

O Plan de Acción do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía do municipio de Tomiño céntrase en alcanzar para o ano 2030 dous obxectivos básicos:

icon_carbono-neutral

Obxectivo 1:

Reducir en, polo menos, un 40% as emisións de CO2 no Concello de Tomiño. Tendo en conta as emisións estimadas para o ano de referencia (ano 2018), este obxectivo concrétase en adoptar medidas que eviten a emisión de, polo menos, 24.327 toneladas de CO2, que por habitantes corresponde a un valor de 1,807 toneladas de CO2 per capita. Este obxectivo apóiase en dous obxectivos complementarios:

  • Minimizar o consumo enerxético no municipio, con especial incidencia no consumo eléctrico e de combustibles fósiles, principalmente o gasóleo A.
  • Incrementar o nivel de implantación das enerxías renovables, existindo unha ampla marxe de mellora e oportunidade considerando o contexto ambiental e socioeconómico.
icon_cambio-climatico

Obxectivo 2:

Aumentar a capacidade de resiliencia do Concello de Tomiño mediante a adaptación ao cambio climático.

O Concello de Tomiño, nestes últimos catro anos, para o cumprimento destes obxectivos levou a cabo entre outras as seguintes actuacións:

  1. Renovación da instalación de iluminación pública.
  2. Implantación de instalacións de enerxía renovable.
  3. Melloras na rede de abastecemento de auga.
  4. Mellora das envolventes dos edificios municipais.
  5. Campañas para o aforro enerxético no fogar e os servizos.
  6. Renovación de parte da frota municipal.
  7. Peonalización dentro do termo municipal e redución da velocidade.
  8. Creación dun sistema de préstamo de bicicletas na Eurocidade Tomiño – Vilanova de Cerveira.
  9. Xeralización da compostaxe.

1. Renovación da instalación de iluminación pública
2. Implantación de instalacións de enerxía renovable
3. Melloras na rede de abastecemento de auga
4. Mellora das envolventes dos edificios municipais
5. Campañas para o aforro enerxético no fogar e os servizos
6. Renovación de parte da frota municipal
7. Peonalización dentro do termo municipal e redución da velocidade
8. Creación dun sistema de préstamo de bicicletas na Eurocidade Tomiño – Vilanova de Cerveira
9. Xeralización da compostaxe

NOVAS RELACIONADAS:

Para converter nunha realidade esta visión, establécense unha serie de obxectivos medioambientais a cuxa consecución deben ir orientadas as medidas que se desenvolvan en todo o termo municipal:

Reducir as emisións de CO2 no concello de Tomiño nun 40% ata o ano 2030, tomando como ano de referencia o 2018

Acadar ou mellorar os obxectivos da UE en materia de enerxía e clima, tales como ter un consumo mínimo dun 27% de enerxía procedente de fontes renovables, e o aforro enerxético de, polo menos, o 27%

Aumentar a resiliencia mediante a adaptación ao cambio climático

Reducir desigualdades sociais, abordando acción para frear a pobreza enerxética

Cumprir coa lexislación medioambiental e enerxética presente e prepararse para escenarios futuros de carácter restritivo, incrementando a calidade de vida dos seus habitantes e visitantes, protexendo e preservando o medio ambiente para as xeracións futuras